TODO BEN!

Non queda mais que dar as grazas a tod@s os que participachedes, apuntamos uns cantos erros por si o facemos de novo, pero seguro que hai cousas que se nos escapan e nos podedes axudar enviandonos un correo.

Hai tempos que temos que corrixir, tramos que variar, e sinais que mellora.

A complicidade dos compañeiros  de Protección de Civil de Ares e Mugardos, así como a Policia Local de este, a Sociedade de Amigos da Paisaxe ou o club de Mar de Mugardos, fan que as cousas sexan mais fáciles.

Os bocatas de EnPanes ou as Laranxas dos nosos amigos do Pedreguer (Alicante) de Taronges de la Caseta, ou as augas do Familia, axudan moito no desenrolo da actividade.

 Os concellos están encantados ca idea (iso si, se verá de novo dentro dun mes), incluso viñeron a participar da saída o Concelleiro de Cabanas de Turismo, e as de Fene de Deportes e Turismo, e de agradecer eses respaldos.

Pero de novo a quen hai que dar as graza e a tod@s os que camichaedes e coñeceches un pouco mais desta terra: BEZOUCOS



Comentarios